CADRADO HIGROSCÓPICO

Cadrado Higroscópico é unha peza baseada no comportamento do clorudo de cobalto (II). Este muda a cor en función das condicións de humedade ambiental. Nos Galos de Portugal é o elemento que permite a predicción do tempo.A cor do cadro vai depender das características do entorno, dos cambios atmosféricos resultan os cambios cromáticos, do mesmo xeito que ocorre no ceo cando o sol se aproxima ao horizonte.

No museo, pola contra, dadas as condicións de estabilidade que se deben dar, a cor non mudará, a peza permanecerá estable, inerte.

 

 

 

*Ensaios sobre comportamento

 

Conferencia de Débora Garcia Bello sobre "Cadrado Higroscópico"