Esta serie parte dos recordos que manteño da dramática desaparición do meu avó. Non o coñecín, pero sempre estivo presente gracias a unha fotografía do seu casamento coa miña avoa e á roupa que vestiu ela o resto da súa vida. Case sempre foi de riguroso loito, ata o final, que a mudou pola de alivio, a miúdo, con pequenos lunares brancos ou grises. Así xurde a idea. Tomando como referencia as fotos de mariñeiros desaprecidos que me deixan os seus familiares, realizo unha trama de buratos sobre a tapa dunha caixa de madeira. No seu interior introduzo a tela negra e as poño ao sol durante varios meses. Pouco a pouco, o tinte negro do tecido se degrada e se vai debuxando, con motivos de lunares, de alivio, o retrato.