Foi o entroido. Coma cada ano volvimos subir ao fallado a remexer na roupa vella que gardamos para nos disfrazar de farrovello. Ao facelo, os recordos gabean como cando un mira as fotos antigas da caixa de puros. Alí, as mesmas prendas non teñen enrrugas, están novas e fican ben tesiñas diante da cámara de fotos, mais agora son farrapos con historia que vestimos sen reglas para nos transformar nun burlón que se ri dos demais, dun mesmo e do pasado… é o bo destas festas.