Bonito, 18 Xaneiro 1960

PROCESO


A partir das imaxes dos mariñeiros que me deixan os seus familiares, realizo unha serie de tramas. Con elas se define como van ser as perforacións na caixa de madeira que funcionará como o negativo fotográfico. Para elo, utilizo dous tipos de trama, nas primeiras teas de semitonos e nas últimas unha trama de modulación en frecuencia, cun resultado máis próximo ao motivo textil de lunares propios da roupa de alivio.

Dentro de cada caixa introduzo un lenzo negro, elemento fotosensible sobre o que incide a luz. Cada mañán, as caixas se poñen no exterior e, día tras día, o sol que se cola polos buratos, vai deteriorando o negro para revelar os retratos dos mariñeiros. A acción da luz sobre o tinte vai depender das características do mesmo. As tonalidades e o tempo que precisaría cada tea é diferente. Rondan entre 2 e 4 meses, despois dos cales, se extraen as teas.

A parte procesual nestas pezas é importante porque aporta moitos dos aspectos conceptuáis e simbólicos que se plantexan nelas: A luz, o negro, o paso do tempo e a súa a especificidade, o papel da fotografía ante a ausencia...

Falar cos familiares, escoitar os seus recordos mentras me deixaban as fotografías, foi unha experiencia sobrecolledora. Agradezo a súa xenerosidade e comprensión.

 

Os mariñeiros retratados son:

David Carballo Martínez, Juan Fernández Marcote, Amadeo Góñez Martínez, José Herbello Otero, Juán Lago Domínguez, Ramón Lago Rodríguez, Juán López Domínguez, Manuel López López, José López Lago, Jesús Martínez Besada, Manolo Martínez González, Manuel Rivera Calo, Agustín Rivas Domínguez, Francisco Santamaría Canosa, Juán Traba Trillo, Ramón Trillo Lizancos. 

 

 


 

Bonito, 18 Xaneiro 1960

boton proc bonito

Proceso

Bonito, 18 Xaneiro 1960

boton expo bonito

Exposición

Fisterra

boton proc fisterra

Proceso

 

 

 

 

Fisterra

boton expo fisterra

Exposición